Historia de Birmingham

A historia urbana de Birmingham ten como antecedentes destacables un asentamento da idade de pedra (8400 a.C.) descuberto a carón do centro da cidade e un forte romano ó suroeste (Metchley Fort, a uns 4 km [1]) que existiu cun pequeno vicus acaroado entre o ano 43 e o 120 da nosa era.

Durante o século VII a colonización das Midlands polos anglosaxóns dá por segura a fundación neste tempo de moitos asentamentos na área da metrópole actual (tribos Beormingas cun líder, talvez ancestral, Beorma), incluíndo o da propia Birmingham pouco despois do 600 como máis tarde, pero aínda non se atoparon achados da súa localización ou disposición concretas (aldeas, granxas dispersas ou unha posesión extensa cun centro de poder).

  1. "Metchley Fort, pdf (1,2Mb)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2011. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search